RIQUEZA ESPECÍFICA


Pilar F.I.​
A Península Ibérica é o lugar de Europa con máis riqueza de especies animais e vexetais. Estímase que existen unhas 26.500 especies vexetais e 50.000 especies animais das cales atopamos 635 especies de vertebrados.Deducimos que a 'Riqueza específica' é elevada.
Pero a perda de hábitats fai que a biodiversidade sexa especialmente vulnerable. A ocupación do solo, a sobreexplotación de recursos e a transformación do solo son as causas principais da perda de hábitats e, por ende, de perda de especies.



RIQUEZAESPECESPAÑAB.gif
Indicador de biodiversidade


Para coñecer o estado da biodiversidade recurrimos aos Indicadores, que nos dan unha idea da situación das especies, de cales son as causas de desaparición e de que mecanismo posúe o estado para solventar a situación. Un exemplo da actuación dun Indicador nas tres fases citadas:
Indicador de estado: Número de especies vulnerables e/ou en perigo de extinción
Indicador de presión: Indice de intensificación agrícola
Indicador de resposta: Especies en perigro con plans de recuperación.


FONTE: Ministerio de Medio Ambiente, 1998