BIODIVERSIDADE E VARIABILIDADE XENÉTICA


tipulas1.jpg.gifLaura Abelairas López,
Diego López Varela

A variabilidade xenética refírese á variación no material xenético dunha poboación ou especie. Un exemplo claro podería ser a imaxe do fondo do propio artigo , no que unha abella está a recoller o polen dos estalos (Digitalis purpurea). Este tipo de polinización (polinización cruzada) é un mecanismo de variabilidade xenética xa que as plantas non corren o risco de sufrir o exterminio de toda a súa poboación porque non se produce unha descendencia sempre uniforme como ocorre na autopolinización. Ademais dá lugar a unha descendencia máis variada, mellor equipada fronte ao medio e sementes de mellor calidade.


A información xenética encóntrase nos cromosomas. Os cromosomas están constituídos por ADN. Os xenes combínanse de dous en dous para cada un dos caracteres e dan lugar aos xenes alelos. Os xenes que presenta cada individuo reciben o nome de xenotipo, mentres que o fenotipo é o carácter que exhibe. Dentro dos xenes encontramos os dominantes (predominan e maniféstanse sempre independentemente do alelo que os acompaña) e os recesivos (os que non son dominantes).


MECANISMOS DE VARIABILIDADE XENÉTICAcaracois.gif


De seguido, móstranse un exemplo e outro mecanismo de variabilidade xenética.

Mediante o cruzamento das típulas prodúcese un cruce de ADN como consecuencia da fecundación e reprodución sexual. A reprodución sexual permite que a información xenética dos pais se una para formar un novo individuo. Unha gran vantaxe é que a reprodución sexual da lugar a unha gran variabilidade xenética, mediante o arrastre de mutacións, tanto beneficiosas coma perxudiciais.




Expresión da variabilidade xenética.

caracois2.gif
Neste exemplo, o carácter do órgano sería a cor da cuncha. O FENOTIPO: con bandas (recesivo), sen bandas (dominante). Observamos coma un dos caracois presenta una cuncha diferente: un blanca (sen bandas) e outro con bandas oscuras. Supoñamos que se cruzan dous caracois de terra: un co xenotipo Aa e outro co xenotipo aa, tendo o primeiro a cuncha sen bandas (DOMINANTE) e o segundo con bandas (RECESIVO). Despois de facer o cruce obteríase un 50% de xenotipo Aa e un 50% de aa, sendo o fenotipo 50% sen bandas e 50% con bandas. Como resultado final, se expresan características diferentes (variabilidade xenética).


cruces.gif
Expresión xenética
estratex_vida3.jpg
Estratexia de fecundación cruzada para as plantas por medio dos insectos