ESPECIES ENDÉMICAS EN GALICIA.UN EXEMPLO: A SARAMAGANTA

Unha das, cada vez máis numerosas, especies endémicas que representa unha xoia natural na biodiversidade galega.
ROCÍO Y NOEMI FERNÁNDEZ

sarama.jpg
Saramaganda, no este de Lugo, Galicia.


Unha especie endémica é aquela especie animal ou vexetal propia dunha área determinada, exclusiva dese territorio e que non é posible atopar de forma natural fora del. Un exemplo de endemismo é a saramaganta.

A saramaganta é unha das xoias, non só da fauna, senón tamén de todo o patrimonio natural galego. Esta especie endémica, de nome científico Chioglossa lusitánica, atopase soamente no noroeste ibérico, agás nas zonas máis secas de Ourense, xa que precisa dunhas precipitacións anuais superiores aos 1000 mm/m2 . Tampouco é posible divisala por riba dos 1000 m de altitude.

É unha especie rara e singular, cuns 150 mm de lonxitude, dos que máis de dúas terzas partes corresponden á cola. Ten unha pel moi lisa de cor bronceada, tirando a escura, onde destacan no dorso dúas liñas douradas que se xuntan nunha soa na cola.

A saramaganta vive en zonas montañosas de relevo accidentado e bosque caducifolio, con regatos de auga limpa e ben osixenada e una vexetación densa que lle proporcione un microclima saturado de humidade. Esta necesidade de altas temperaturas e humidade é necesaria para a súa reprodución. Son as femias as que poñen os ovos en ocos profundos e, incluso, en covas.

Só se o entorno natural está en excelentes condicións quedará a vivir nel, xa que presenta unha moi alta sensibilidade ás cortas do bosque autóctono e, sobre todo, á contaminación das augas.

Precisamente esta sensibilidade ante o deterioro dos ríos converte á saramaganta nunha especie bioindicadora, xa que a súa presenza, ou a súa non presenza, sirve como indicadora na medición da contaminación das augas.
Soe preferir os solos rochosos, con liques e abundante follaxe. Aliméntase de arañas, moscas, mosquitos, larvas de insectos, escaravellos e eirugas de bolboreta.

A pesar de ser unha especie endémica, exclusiva, é unha pena que a saramaganta sexa unha especie vulnerable, protexida polo Convenio de Berna, e a súa supervivencia non estea garantida nun futuro.