CARPOBROTUS EDULIS, UNHA ESPECIE INVASORA

Esta planta é un exemplo de especie foránea que destrúe as especies autóctonas das zonas costeiras galegasIria Díaz, Anxo Ónega, Irene Besteiro
capro1.jpg
Vista xeral dun acantilado rochoso en Galicia


É unha planta perenne con follas de cor verde vivo (nas zonas costeiras poden ter unha cor branquecina na superficie debido á salinidade do chan), as flores son moi espectaculares, con numerosos pétalos de cor púrpura e estames amarelos. Florece de abril a xullo. O seu nome común é uña de gato.
capro2.jpg
Era orixinaria de Sudáfrica, pero debido ao seu carácter invasivo, actualmente, encóntrase en moitas zonas costeiras do mundo. O carácter invasivo desta especie non só é nocivo por esgotamento dos solos ou polo feito de imposibilitar o arraigamento de especies autóctonas, senón que se demostrou que estas especies (que producen polen en grandes cantidades) atraen aos insectos polinizadores, provocando que non desempeñen adecuadamente o seu rol coas especies menos abundantes, as locais, polo que diminúe a súa poboación.

capro3.jpg
Segundo o Convenio Internacional sobre a Diversidade Biolóxica, una especie exótica ou alóctona é aquela especie que se encontra fora da súa área natural de distribución por causas humanas (agricultura, pesca, caza, transporte marítimo, xardinería, mercado de mascotas exóticas, etc), xa de maneira intencionada ou accidental (por exemplo plantas invasoras que chegan en mercadorías pouco puras de especies de cultivo). Inclúe calquera parte destas especies (gametos, sementes, esporas) que teñan capacidade para sobrevivir e perpetuarse no medio natural.


Unha especie invasora caracterízase pola súa capacidade para reproducirse e perpetuarse no novo medio, competindo e nalgúns casos desprazando ás especies nativas dos seus nichos ecolóxicos, alterando algunhas das características propias do medio e consumindo con mais efectividade algún dos recursos do entorno. Isto termina producindo unhas condicións que non existían previamente no medio e que algunhas das especies autóctonas non son capaces de asimilar.

Polo que, en resumo, unha especie exótica invasora é aquela que chega do seu medio orixinal a outro alleo no que é capaz de establecerse, competir e reproducirse de forma natural, producindo neste proceso un efecto adverso sobre os ecosistemas naturais e urbanos, así como na estrutura socioeconómica que depende deles, e sobre a fauna e a flora local.

De seguido, vemos algunhas das plantas autóctonas das zonas costeiras galegas (moitas delas son ademais endemismos) coas que compite a Carpobrotus Edulis.


endemicas_costa2.jpg
Especies desprazadas por Carpobrotus edulis